Vistas de página en total

martes, noviembre 06, 2007

Concerto en A Coruña


A nosa Coral polifónica Xan Mella participará o vindeiro domingo 11 de novembro na cidade de A Coruña, no Centro social Torrente Ballester (en Adormideras) ás 18:30 horas, nun concerto no que compartirá cartel coas polifónicas Canticorum e A Gaiteira, ás dúas da capital herculina.
O festival de polifonía é a segunda edición do certame "En clave coral"que organiza a Fecoga, a Xunta de Galicia e o Igaem. O ano pasado tamén fumos seleccionados e actuamos na Igrexa de San Pedro en Lugo.

No hay comentarios: