Vistas de página en total

miércoles, diciembre 19, 2007

Do concerto de Nadal




O pasado sábado, coa Igrexa ateigada de xente a pesares do frío, celebramos o Concerto de Nadal IV Memorial Pepe Valiña.

Abríu o festival a Coral do Sporting club casino de A Coruña que nos ofreceu un interesante repertorio no que destacaron as panxoliñas e as cancións sudamericanas; a coral herculina, dirixida por Lis Teuntor, gustou sobre todo no tema "Boiadeiro".

A Coral Villa de Jovellanos de Xixón amosou porque é unha das corais máis laureadas do Principado tendo acadado multitude de premios nos que hai que destacar os de polifonía e habaneras no Certame internacional de Torrevieja. Soou potente e moi afinada, con armonías verdadeiramente difíciles e un empaste coral digno de eloxiar. Sen nengunha dúbida a mellor coral que se ten escoitado ultimamente por estas terras da Costa da Morte. Estivo dirixida por Javier Fernández e gustaron sobre todo o medley de West side story e a canción que pechou a súa actuación, un tema asturiano titulado "Rondó de la Jeringosa".
Como manda o protocolo a coral anfitriona pechou este IV Memorial. Tatiana Pankrátova dirixiu unha Coral Xan Mella cada vez máis segura nas súas posibilidades e que estreou o tema brasileiro "Ave María no morro" arrincando os aplausos máis prolongados da fría noite.
E despois continou a festa no baixo do Edificio Plaza xentilmente cedido por Frutas Gavín e todos disfrutamos dos callos quentiños que nos prepararon as Amigas de Casa Ovidio. ¡E ben que se agradeceron co quentiños que estaban!

viernes, diciembre 07, 2007

Cartel do Concerto de Nadal

Outro ano máis o deseñador Chenchu López nos agasallou cun orixinal cartel para ilustrar o Concerto de Nadal IV Memorial Pepe Valiña que celebraremos o vindeiro sábado 15 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa nova de Baio.