
Despois das merecidas vacacións a Coral Xan Mella voltou aos ensaios para preparar este novo curso 2007-2008. Todos estamos moi ilusionados e con moitas ganas para as actuacións das que daremos conta nun novo post.
Por se alguén se quere sumar ao noso coro damos conta das horas dos ensaios:
Luns.- ás 21:00 tenores e as 21:45 baixos
Mércores: ás 21:00 sopranos e as 21:45 contraltos
Venres.- 21:30 ensaio xeral
A foto que ilustra este post é de Lino "Dilaila" Rei recollendo a partitura da habanera "Cen anos hai" na Estrada, unha habanera con letra de Xose María Lema ("Cheíto") e música de Xavier Comesanha; a Coral da Estrada quixo que a primeira polifónica galega que recibira a partitura fose a nosa Coral de Baio, antes foi entregada ao presidente da Real Academia Galega.
Cen anos hai é unha habanera composta na honra do cen aniversario da estrea do Himno Galego na Habana.
Parabéns aos autores e se queres saber máis da habanera podes pinchar aquí http://www.vieiros.com/nova/59328/unha-habanera-en-galego-conmemora-o-centenario-do-himno
No hay comentarios:
Publicar un comentario