
A coral polifónica Xan Mella de Baio foi convidada a participar nos actos que organiza a Asociación Monte Branco de O Couto (Ponteceso) con motivo das Letras Galegas 2007.
A nosa coral, dirixida dende a súa fundación por Tatiana Pankrátova, cantará por vez primeira ante o público a partitura do Himno Galego ao completo segundo a escribiron Pondal e Pascual Veiga neste ano no que se cumpre o cen aniversario da súa estrea na Habana.
Será o xoves 17 de maio na Casa dos veciños de O Couto ás 13:00 horas.
Actuación número cincoenta
Dáse a circunstancia de que está será a actuación número cincuenta da coral que dende a súa formación no outono do ano 2002 ten actuado en Carballo, A Coruña, A Estrada, Ponteceso, Cee, Vimianzo, Lugo, Corme, Zas, Corcubión, Lorbé, Ribadeo, Bembibre (León), etc ademais de organizar en Baio tódolos anos dous festivais de polifonía (Un Encontro de Corais na época estival e o Memorial Pepe Valiña polo Nadal) e colaborar cos seus cantos en dar realce ás principais celebracións litúrxicas da vila labartiana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario