Vistas de página en total

martes, mayo 22, 2007

Actuacións en xuño


As actuacións da "Coral polifónica Xan Mella" deste vindeiro xuño son as seguintes:

domingo 3 xuño: misa en LAMAS (Zas) 13:00 horas
sábado 9 de xuño: misa de Corpus na igrexa de Baio pequeno ás 13:00 horas.

A foto que acompaña a esta entrada é no exterior da igrexa de Zas, ao remate da boda de Abel Sánchez Rojo.

viernes, mayo 18, 2007

Unha versión de luxo para o himno galego




Unha versión de luxo para o himno galego
Poñemos no blog o que conta La Voz de Galicia (edición de Carballo) do acontecido onte en O couto
Os membros da coral Xan Mella de Baio conseguiron poñer a pel de galiña a todos aos que onte os escoitaron en O Couto. Cantaron ben, algo habitual en eles, pero ademais interpretaron por vez primeira a partitura do himno galego ao completo segundo a escribiron Pondal e Pascual Veiga. A estrea foi un éxito e concidiu, ademais, co centenario da súa primeira posta en escena na Habana. Aqueles que onte o escoitaron no só se emocionaron, senón que aplaudiron con moitas ganas.

lunes, mayo 14, 2007

Actuación en O Couto


LETRAS GALEGAS en O COUTO (Ponteceso)

A coral polifónica Xan Mella de Baio foi convidada a participar nos actos que organiza a Asociación Monte Branco de O Couto (Ponteceso) con motivo das Letras Galegas 2007.
A nosa coral, dirixida dende a súa fundación por Tatiana Pankrátova, cantará por vez primeira ante o público a partitura do Himno Galego ao completo segundo a escribiron Pondal e Pascual Veiga neste ano no que se cumpre o cen aniversario da súa estrea na Habana.
Será o xoves 17 de maio na Casa dos veciños de O Couto ás 13:00 horas.

Actuación número cincoenta
Dáse a circunstancia de que está será a actuación número cincuenta da coral que dende a súa formación no outono do ano 2002 ten actuado en Carballo, A Coruña, A Estrada, Ponteceso, Cee, Vimianzo, Lugo, Corme, Zas, Corcubión, Lorbé, Ribadeo, Bembibre (León), etc ademais de organizar en Baio tódolos anos dous festivais de polifonía (Un Encontro de Corais na época estival e o Memorial Pepe Valiña polo Nadal) e colaborar cos seus cantos en dar realce ás principais celebracións litúrxicas da vila labartiana.