Vistas de página en total

lunes, enero 15, 2007

Concerto en Lugo



O vindeiro sábado 20 de xaneiro a nosa Coral polifónica "Xan Mella" de Baio, dirixida pola profesora Tatiana Pankrátova, participará en Lugo no I Certame de Corais “En clave coral” que organiza a Federación coral galega (FECOGA) e patrocina a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Instituto galego das artes escénicas e musicais (IGAEM)
Xunto á Coral Xan Mella actuarán tamén a Coral do Hospital Xeral de Calde (Lugo) e a Coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo (Ourense).
A actuación será na Igrexa de San Pedro ás 20:30 horas.
Máis de 260 corais foron invitadas ao certame, das que o xurado nomeado elixiu a 16 que se repartirán por cinco sedes ao longo dos meses de decembro e xaneiro.
Máis información na páxina da Federación Coral Galega (FECOGA)

No hay comentarios: