Vistas de página en total

domingo, julio 30, 2006

Festival en Ponteceso






O sábado 29 de xullo actuamos en Ponteceso convidados pola Coral San Eleuterio de Tella co motivo de fin de festa para os nenos saharauis que se atopan pola bisbarra coas súas familias de acollida.
Ademáis de nós e da coral anfitriona tamén participaron Brisas do mar de Corme e a Coral do club de mar San Amaro de A Coruña.

miércoles, julio 26, 2006

O concerto en Baio II (máis imaxes)





Estas son máis fotos do encontro de corais do sábado pasado.
A primeira é a coral Xan Mella en plena actuación.
A segunda reflexa o post-concerto... moito músico xunto.
A terceira é un momento do ensaio da coral anfitriona o venres anterior... pagou a pena.
De seguido o coro de Tella, cos que cantaremos o vindeiro fin de semana.
A última é dun Santiago López, emocionado,
dirixíndose ao público para lembrar tempos pasados en Baio.

domingo, julio 23, 2006

O concerto en Baio






A Igrexa nova quedou pequena para acoller ás case trescentas persoas que escoitaron ás polifónicas de Tella (Ponteceso), Padrón e Baio no IV Encontro de Corais.
Abríu o festival a Coral San Eleuterio que sorprendeu gratamente pois, a pesares de presentarse so con dazasete coralistas, soaron ben afinadiños nun programa que mesturou cancións galegas con temas do folclore internacional.
Había gañas de escoitar en Baio á coral padronesa, coa que xa se cantara o ano pasado en A Estrada (Pontevedra), e gustou moito, sobre todo as dúas habaneiras coas que principiou e o tema co que rematou, o brasileiro Boiadeiro, que foi do máis aplaudido.
A nosa Coral Xan Mella cada vez está máis rodada e eso nótase. Dúas habaneras e o moi esperado "Eres tú" (con Patricia Sánchez Rojo de soprano solista) deron paso ao estreo de Torrevieja (as voces masculinas im-presionantes e as femininas mellor aínda) para rematar co tema De entrañas da Terra co seu compositor, Perfecto Varela, presente. O dito, todo un éxito co público posto en pe pedindo máis.
E despois continuou a festa e a camaradería cos pinchos no pavillón e polos bares de Baio.
As fotos amosan o ambiente de cordialidade que se viviu nun día no que se xuntaron na vila labartiana tres xeracións de directores con fondo arraigamento na polifonía de Baio : Perfecto Varela, Santiago López e Tatiana Pankrátova.

martes, julio 18, 2006

IV ENCONTRO DE CORAIS EN BAIO

O sábado 22 de xullo celebraremos en Baio o IV Encontro de corais, será na Igrexa nova ás 21:00 horas.
Estades todas e todos convidados
PROGRAMA

Coral San Eleuterio de Tella (Ponteceso)
Director: Xan M. Brage Ravina

A miña muliña Popular
Arranxo: Xan Braxe
Mariñeiro Rogelio Groba
Cucú Popular italiana
Colas Popular mexicana
San Pedro Popular venezolana

Coral polifónica padronesa (Padrón)
Director: Santiago López Blanco

El abanico J. Trayter
Oh Luna F.A.Rey Rivero
La reina del placer Harm.Alain Langré
Adios ríos Ángel Peinado
Boiadeiro Adelino Martíns


Coral polifónica “Xan Mella” (Baio)
Directora: Tatiana Pankrátova


Paloma mensajera J. Ruíz Guasch
Eres tú J.C.Calderón
Solista: Patricia Sánchez Rojo
Habanera salada Ricardo Lafuente
Torrevieja Ricardo Lafuente
De entrañas da terra Perfecto Varela