Vistas de página en total

domingo, julio 23, 2006

O concerto en Baio






A Igrexa nova quedou pequena para acoller ás case trescentas persoas que escoitaron ás polifónicas de Tella (Ponteceso), Padrón e Baio no IV Encontro de Corais.
Abríu o festival a Coral San Eleuterio que sorprendeu gratamente pois, a pesares de presentarse so con dazasete coralistas, soaron ben afinadiños nun programa que mesturou cancións galegas con temas do folclore internacional.
Había gañas de escoitar en Baio á coral padronesa, coa que xa se cantara o ano pasado en A Estrada (Pontevedra), e gustou moito, sobre todo as dúas habaneiras coas que principiou e o tema co que rematou, o brasileiro Boiadeiro, que foi do máis aplaudido.
A nosa Coral Xan Mella cada vez está máis rodada e eso nótase. Dúas habaneras e o moi esperado "Eres tú" (con Patricia Sánchez Rojo de soprano solista) deron paso ao estreo de Torrevieja (as voces masculinas im-presionantes e as femininas mellor aínda) para rematar co tema De entrañas da Terra co seu compositor, Perfecto Varela, presente. O dito, todo un éxito co público posto en pe pedindo máis.
E despois continuou a festa e a camaradería cos pinchos no pavillón e polos bares de Baio.
As fotos amosan o ambiente de cordialidade que se viviu nun día no que se xuntaron na vila labartiana tres xeracións de directores con fondo arraigamento na polifonía de Baio : Perfecto Varela, Santiago López e Tatiana Pankrátova.

No hay comentarios: