De éxito
total podemos cualificar a participación do noso Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña
de Baio no X Certame de Coros infantís e
xuvenís celebrado o sábado pasado en Trives (Ourense).
150 coralistas repartidos en 7
agrupacións participaron neste festival organizado polos anfitrións da Coraliña
Cantora co patrocinio da Federación Coral Galega e a Xunta de Galicia e no que
os nosos máis novos representaban á provincia de A Coruña.
O coro, dirixido por Tatiana
Pankrátova e acompañado ao piano por Pablo Queiro, foi dos máis aplaudidos do
certame e interpretou os temas California
Dreamin de The Mamas & The Papas, Maruxiña
o teu refaixo e Unha noite no Muíño
de Albes Barbosa e o Ave María de
Caccini.
Ao remate todos os coros xuntos
cantaron os temas Siyahamba (canción
zulú) e Dudabda de Lorenz Maierhofer).
No hay comentarios:
Publicar un comentario