Vistas de página en total

lunes, septiembre 16, 2013

Do concerto en Outes




Moi satisfeitos quedamos da nosa actuación do pasado fin de semán en Outes onde participamos no XX Encontro de habaneras e música popular compartindo cartel coa Coral Agustín González de Louro (moi bonita a súa interpretación da habanera "La paloma"), a Coral de Campo Lameiro (gustou moito a versión de "The lion sleeps tonight") e os anfitrións da Coral Francisco Añón da que destacamos tamén a habanera "Dicen que se muere el mar".
De nós gustou moito a interpretación do tema sudamericano "La piragua" cunha corda de baixos ritmicamente moi marcada e as outras tres cordas cunha gran riqueza de matices; tamén as habaneras "Torrevieja" e "Paloma mensajera" foron moi aplaudidas así como a cantiga galega "Terra Meiga".
Moitas grazas ao Concello de Outes e á Coral anfitrioa por convidarnos a participar no evento coral e por sorprendernos cunha pantagruélica cea (aquelo parecía o menú dunha voda) no que como vedes non faltaron as cantigas de sobremesa.

No hay comentarios: