Vistas de página en total

martes, agosto 13, 2013

Do concerto en Corme



O pasado sábado cantamos no IX Festival de Habaneras de Corme compartindo cartel coa anfitrioa "Brisas do mar" , a "Coral do casino mugardés" e a Coral de Malpica nunha tarde-noite moi animada na que non só se poideron escoitar habaneras senón tamén cantigas galegas e folclore sudamericano. 
Estamos moi satisfeitos da nosa actuación pois fomos moi aplaudidos polo numeroso público que ateigaba a Praza do Pan e recibimos moitos parabéns por parte dos membros das outras corais participantes. Rematamos con Katiusha co público batendo palmas.
O noso agradecemento á coral organizadora, ao seu director Ramón Saleta e a Serafín o seu presidente.

No hay comentarios: