Vistas de página en total

martes, junio 18, 2013

Sobre o XI Encontro de corais







A Igrexa nova de Baio volveu quedar pequena para albergar o XI Encontro de corais o pasado sábado 15 de xuño nunha velada polifónica que contou coas corais de San Martín de Meirás (Sada), o Orfeón Condado Paradanta de Pontevedra, a Coral do Centro Asturiano de Avilés (Asturias) e a anfitrioa Coral Xan Mella.
Moitas ganas e moita calidade por parte das catro corais que deleitaron ao público con habaneras, cantigas galegas, polifonía clásica, canción brasileira e tamén cantiga asturiana que fixeron que o público non cansase de bater palmas nunha velada que a máis de un se lle fixo corta.
E  dende a nosa parte moi contentos polo debut de tres xóvenes promesas da polifonía baiesa: Mar, María e Sandro que xa forman parte da nosa familia. Parabéns para os tres e moitas grazas ás corais convidadas pola asistencia ao noso festival.
De remate, coma sempre, tremenda festa post-concerto no comedor do Colexio Labarta Pose (xentilmente cedido pola súa comunidade educativa) no que non faltou o estofadillo de Maruja de costa. Bo proveito e boa música!




No hay comentarios: