Vistas de página en total

martes, noviembre 06, 2012

Do concerto en Vimianzo

Cumpríamos a nosa actuación 150 e nada mellor que facelo na compaña de dúas corais viciñas e amigas (o Coro de mulleres de Camariñas e os anfitrións da coral Lusco e Fusco  de Vimianzo) nun marco grandioso como é o auditorio da Casa da Cultura da capital da Terra de Soneira.
Soaron habaneras e boleros, cantigas galegas, música pop e brasileira, fado e canción de autor e corais e público remataron cantando ao unísono "A rianxeira" coma forma de expresar unha confraternidade que esperamos se repita en anos sucesivos.
O noso agradecemento ao Concello de Vimianzo e ao seu alcalde Manolo Antelo por ver na música polifónica un elemento catalizador nestes tempos de crise.
E agora a seguir cos ensaios e preparativos do IX Memorial Pepe Valiña que celebraremos en Baio o sábado 15 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa nova compartindo esceario coa Coral polifónica de Bergantiños de Carballo e a Coral polifónica de Ribadeo (Lugo) no que pecharemos os actos do  X aniversario da Coral Xan Mella.



Pero polo medio... ainda pode haber algunha sorpresa.

No hay comentarios: