Vistas de página en total

martes, octubre 16, 2012

IV Certame de Corais da Costa da Morte

O vindeiro sábado 20 de outubro ás 21:00 horas na Igrexa Nova de Baio (Zas) terá lugar o IV Certame de Corais da Costa da Morte organizado pola Asociación Neria e a anfitrioa Coral polifonica Xan Mella de Baio. Colaboran neste evento o Concello de Zas e a Parroquia de Santa María de Baio.
Será a primeira vez que sete agrupacións polifónicas se reunan no que se está  a calificar como o festival de polifonía máis grande da Costa da Morte.
As agrupacións que participarán son as seguintes:
Coral Atalaia de Laxe
Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral Don Diego de Muros
Coral da Escola de Música de Carnota
Coral de Cesullas (Cabana de Bergantiños)
Coral Airiños de Quenxe de Corcubión
Coral Xan Mella de Baio

No hay comentarios: