Comezamos as actuacións neste ano 2012 no que celebraremos o noso décimo aniversario.
O pasado fin de semana actuamos en Noia co motivo do Festival coral que organizou a Sociedade Liceo dentro das Festas de San Marcos compartindo esceario coa Coral Xúbilo de Santiago, a coral Endesa de As Pontes e os anfitrións Coral Liceo de Noia.
Foi un encontro polifónico entretido, variado e de moita calidade no que poidemos escoitar habaneras, canción pop, folclore internacional e sobre todo cantigas galegas (foron moi aplaudidas as nosas interpretacións de "Lela" e "Terra meiga")
Moitas grazas aos nosos amigos da coral noiesa e ás outras corais participantes cos que compartimos unha agradable velada musical e de fraternidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario