Vistas de página en total

martes, diciembre 20, 2011

Cronica do VIII Memorial Pepe Valiña




Moito frío no exterior pero ambiente moi cálido no interior dunha igrexa nova de Baio ateigada de xente con moitas ganas de gozar de catro corais que o deron todo de sí.
Principiou a velada a Coral O Son dos Cantares de Mos (Pontevedra) dirixida por Beatriz Gómez Fandiño da que foi moi aplaudida a cantiga "Perla Antillana" do mestre Rey Rivero. De seguido a Coral Eo Musical de Vegadeo (Asturias), baixo a batuta de Begoña Calleja, agradou moito á xente sobre todo cos temas "Lágrimas negras" e a asturiana "Soy vaqueiro"; unha mágoa que faltaran voces porque sabemos que aínda poden soar mellor.En terceiro lugar, coa dirección de Jose Ramón Portela Otero, a Coral de Beluso-Bueu  fixo que o público aplaudira con moitas ganas o tema "Iluxit Novis Hodie" e, sobre todo, unha "Suite comercial navideña" que sacou o mellor dos sorrisos do público cunha escenificación moi persoal ao tempo dunhas voces moi afinadas.
Os anfitrións pechamos o memorial recuperando a habanera "Paloma mensajera" e  gostaron moito as nosas interpetacións de "María la portuguesa" e de "Hasta mi final" coa directora Tatiana Pankrátova ao piano e Dasha Pankrátova ao violín.
Como non podía ser doutro xeito o concerto rematou co público batendo palmas ao compás de "Katiusha", algo xa tradicional no Concerto de Nadal e este ano aínda máis ao estar presente Ekaterina Tevrizova, a nai da nosa  directora.
Agasallos para as corais participantes entregados polos concelleiros de Asuntos Sociais e Educación e despois unha pantagruélica cea onde non faltaron as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas aos nosos amigos de Mos, Beluso e Vegadeo e BOAS FESTAS PARA TODOS!

No hay comentarios: