O pasado sábado celebramos Santa Cecilia actuando en Sada xunto á Rondalla Tuna Hogar musical de A Coruña, a Coral Acordes de Bueu (Pontevedra) e a anfitrioa Coral San Martín de Meirás. Foi un concerto entretido e variado no que estivo moi presente a música sudamericana.
Nós fomos moi aplaudidos e felicitados tanto polo numeroso público asistente como polos compoñentes das outras corais que destacaron a nosa versatilidade e bo facer ao presentar un programa en catro idiomas (galego, castelán, inglés e ruso).
Rematou a velada cos protocolarios pinchos post-concerto nun ambiente de amizade entre coralistas e acompañantes.
Moitas grazas aos nosos amigos da Coral San Martín de Meirás aos que esperamos escoitar para o vindeiro ano por estas terras labartianas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario