Vistas de página en total

martes, junio 21, 2011

Do IX Encontro de corais en Baio



De éxito total podemos calificar o IX Encontro de corais que se celebrou en Baio o pasado sábado. Coa igrexa nova ateigada de xente, e coa presencia dos alcaldes de Salceda de Caselas e de Zas, as catro agrupacións polifónicas ofreceron unha velada moi variada na que se foron intercalando habaneras, cantigas galegas, boleros e ata temas pop.
Ao remate os agasallos de rigor e un cariño moi especial para Dona Carme Riveiro, presidenta dos Amigos do Liño de Baio,de parte da AMC Pepe Valiña por regalarnos o tecido do liño das camisas que estraban esa noite os homes da Coral Xan Mella.
A festa rematou cunha pantagruélica cea onde non faltaron as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas aos nosos amigos de Rianxo, das Pontes e de Entenza. Unha vez máis se fixo realidade o proverbio alemán "Onde escoites cantar senta tranquilamente, os malvados non teñen cancións".

No hay comentarios: