De éxito total podemos calificar o III Encontro de corais da Costa da Morte no que participamos onte en Muxía e que reuniu ás corais de Corcubión, Baio, Carnota, Camariñas e Muxía.
O Salón do Voluntariado quedouse pequeno para escoitar un variado repertorio: canción galega, habaneras, música pop e boleros. Delo da conta La Voz de Galicia na edición de hoxe.
Da nosa actuación destacamos que están a gustar moito os dous temas que acabamos de estrear "Ruada de Chamosa" e "California dreamin" e que o público participou con nós e batiu palmas con forza ao ritmo de "Katiusha".
Como non podía ser menos a velada rematou cos pinchos post-concerto no que non faltaron as cantigas.
Ano tras ano este certame, que organiza a Asociación Neria, vai gañando en cantidade e tamén en calidade.
A segunda parte celebrarase en Laxe o vindeiro 15 de outubro onde ademais da agrupación anfitriona participarán as corais de Cesullas, Corme, Malpica e Neria.
E a seguinte actuación da Xan Mella será no IX Encontro de corais que celebraremos na Igrexa nova de Baio o sábado 18 de xuño ás 21:00 horas no que participaremos as seguintes polifónicas.
- Coral Endesa de As Pontes de García Rodríguez
- Coral do liceo marítimo rianxeiro
- Coral de Entenza de Salceda de Caselas (Pontevedra)
- Coral Xan Mella de Baio
No hay comentarios:
Publicar un comentario