Vistas de página en total

lunes, mayo 07, 2012

Do concerto en Curtis





Estaban "avisados": se non o facían tan ben coma sempre... quedaban unha noite en Teixeiro a pensión completa. Pero cumpliron, vaia se cumpliron.
A pesares de ir algo escasos de efectivos (faltaban oito voces) o concerto do pasado sábado en Curtis foi todo un éxito e fomos moi felicitados e apaludidos tanto polo numeroso público asistente como polos membros das outras corais participantes (Guitiriz, Melide, Arzúa e os anfitrións).
O público gustou das nosas interpetacións de Lela, María La portuguesa, Terra Meiga, California dreamin e bateu palmas con moitas ganas ao compás de Katiusha.
De remate un pincheo pantagruélico onde non faltaron o queixo de Arzúa-Curtis nin as cantigas de sobremesa.
Moitas grazas a todas as corais coas que compartimos unha boa tarde de música e amizade, sobre todo aos organizadores do Orfeón de Curtis aos que escoitaremos moi pronto en Baio.

viernes, mayo 04, 2012

Concerto en Curtis


Despois do éxito acadado o pasado fin de semana en Noia no  Festival Coral das Festas de San Marcos, a Coral Xan Mella de Baio participará mañá sábado 5 de maio na I Xuntanza de Corais que se celebrará en Curtis.
O encontro polifónico terá lugar no Edificio Multiusos de Curtis ás 20:30 horas e  compartiremos esceario coa Coral Xérmolos de Guitiriz, a Coral de Melide, a Rondalla Moraima de Arzúa e os anfitrións Coro de Curtis.

martes, mayo 01, 2012

Do Concerto en Noia








Comezamos as actuacións neste ano 2012 no que celebraremos o noso décimo aniversario.
O pasado fin de semana actuamos en Noia co motivo do Festival coral que organizou a Sociedade Liceo dentro das Festas de San Marcos compartindo esceario coa Coral Xúbilo de Santiago, a coral Endesa de As Pontes e os anfitrións Coral Liceo de Noia.
Foi un encontro polifónico entretido, variado e de moita calidade no que poidemos escoitar habaneras, canción pop, folclore internacional e sobre todo cantigas galegas (foron moi aplaudidas as nosas interpretacións de "Lela" e "Terra meiga")
Moitas grazas aos nosos amigos da coral noiesa e ás outras corais participantes cos que compartimos unha agradable velada musical e de fraternidade.