Vistas de página en total

domingo, febrero 22, 2009

Filloas en Casa Rogelio






A coral segue os seus ensaios preparando o programa que cantaremos este ano: polo de agora están previstas saídas a Carballo, Xixón, Vimianzo e O Barco de Valdeorras ademáis dos tradicionais concertos de verán e nadal e a participación nos actos litúrxicos da nosa vila.
Pero como todo non é cantar...
Fiel á tradición anual os nosos amigos de Casa Rogelio de Baio convidaron aos clientes a unha pantagruélica filloada. O venres pasado máis de duascentas persoas nos demos cita nos baixos da taberna para degustar orella, grelos, chourizo, filloas e... por suposto viño da casa.
A celebración alongouse ata altas horas da madrugada e foi amenizada musicalmente polos Gaiteiros de Buño, o Tren da Unha de Laxe e, por suposto, pola nosa Coral Xan Mella de Baio.

jueves, febrero 19, 2009

Vaia Pose!

Collíamos o título da entrada anterior dun tango... e apareceu o tanguista. Polo que se ve o noso bo amigo percusionista do Tren da unha show non só "toca" ben senón que na viaxe a Arxentina coa coral amiga "Atalaia" de Laxe aproveitou o tempo para recibir clases do baile autóctono e regalarnos con esta fotografía que xa forma parte da historia viva ("viva e coleando") da nosa Costa da morte. ¿Cando é o próximo baile en Laxe?... prepárate Jesusmari van a por ti...