Vistas de página en total

jueves, junio 28, 2007

Festival fin de curso da Escola de Música



A Escola de música da A.M.C. Pepe Valiña de Baio celebrará o Festival de fin de curso o sábado 30 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio do Pavillón de Baio.
No festival participarán coarenta alumnos da profesora Tatiana Pankrátova; principiarán os máis pequeniños de música e movemento e continuará o alumnado que cursa estudos de piano na nosa escola.

martes, junio 19, 2007

Reivindicando os Batáns do Mosquetín


O sábado pasado presentouse nos mesmos Batáns do Mosquetín (Vimianzo) un libro de X.M. Lema e Roberto Mouzo sobre a historia dos Batáns. No acto colaborou a nosa asociación Pepe Valiña.

Dende aquí felicitar aos autores e remitímonos ao que publica hoxe La Voz de Galicia. Parabéns.

lunes, junio 18, 2007

Cachela na Carballeira de Baio


Este ano a tradicional Cachela de San Xoán que celebra a nosa A.M.C. Pepe Valiña a faremos nas inmediacións da Carballeira de Baio aproveitando que ao día seguinte é a Festa da Carballeira, a máis emblemática das que se celebran na nosa localidade e que organiza a Asociación ADRO.
Así que o sábado 23 de xuño ás 22:00 horas ven xantar con nós sardiñas e boroa de balde na noite máis curta do ano en vísperas da CARBALLEIRA de BAIO. Esperamoste!

lunes, junio 11, 2007

Misa de Corpus e cea na Lareira











Como ven sendo tradicional a Coral polifónica Xan Mella cantou a misa solemne o día de Corpus (o sábado 9 de xuño) na igrexa de Baio pequeno e á noite celebramos a nosa cea anual de confraternidade xunto a familiares e amigos.
Este ano a papatoria a fixemos no Restaurante A Lareira de Baio, onde disfrutamos da fantástica gastronomía de Juan e de Fernando (fantásticos estaban os medallóns de rape con froitos do mar e algas) . Un dos moitos sitios nos que se come moi ben no noso Concello de Zas.
Aquí quedan uns cantos retratos desa noite.