Seguemos a recibir no noso e-mail coralxanmella@hotmail.com felicitacións pola actuación do pasado fin de semana en Laxe (para a crítica musical pinchar en La voz de Galicia). Entre elas unha moi especial dos nosos amigos da peña gastronómico-musical "O tren da unha", un lugar de encontro diferente cos que temos compartidos algúns moi bos momentos de cánticos e ceas. Unha forte aperta para eles e aquí van unhas cantas fotos da peña laxense en plena actuación.
Dende 2002 vimos cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Gravamos dous Cds cun repertorio moi variado: canción galega, habaneras, polifonía litúrxica, música pop, panxoliñas e folclore internacional. En setembro do 2008 gañamos o Primeiro Premio no II Certamen nacional de masas corales de la avellana en Infiesto-Piloña (Asturias) Temos participado nas cinco edicións do Certame En Clave Coral . Tatiana Pankrátova é a nosa directora fundadora. 626808645
Vistas de página en total
martes, octubre 30, 2007
lunes, octubre 29, 2007
Do concerto en Laxe
Sabíamos que o íamos pasar ben en Laxe, pero non nos imáxinábamos que ía ser tan ben. O concerto foi dunha exquisita calidade cun público entregado que ateigaba unha igrexa cunhas condicións acústicas excepcionais. Poidéronse escoitar moitos xéneros polifónicos: polifonía litúrxica, habaneras, canción española e galega, folclore internacional e ata a "Salve rociera" co que pechou o festival o orfeón anfitrión.As tres corais o deron todo e o público agradeceullo cunha morea de aplausos.
E despois... a festa posterior no baixo do Bar "O quitapenas" foi apoteósica e pantagruélica; os tres coros comimos (o pulpo do "Piticas" un verdadeiro manxar de deuses), bebimos e cantamos nunha xornada de fraternidade coral.
O dito: para recordar.Moitas grazas aos nosos amigos do "Orfeón Breogán".
domingo, octubre 28, 2007
Bar "O Trébol"
Como non todo vai ser cantar (¿ou si?) hoxe traemos a nova da reinauguración do Bar Trébol en Baio, que onte sábado abríu de novo as súas portas cunha nova imaxe que agradou moito á clientela.
Na foto vemos ao seu xerente, Mario, con Sara, nai e cociñeira, aos que lles desexamos moita sorte no negocio e tamén que nos segan tratando coa tradicional amabilidade que os ven caracterizando dende hai moito tempo (e que nunca se esquezan que cunha boa tapa entra mellor o viño)
viernes, octubre 19, 2007
II Certame "En clave coral"

Por segundo ano consecutivo a nosa Coral polifónica Xan Mella de Baio foi seleccionada pola Federación Coral Galega (FECOGA), a Xunta de Galicia e o Instituto galego de artes escénicas e musicais (IGAEM) para participar no II Certame de corais “En clave coral”.
Convidouse a participar a máis de 250 agrupacións polifónicas de todo o país das que foron seleccionadas a "cegas" (non a "xordas") 25 corais que se repartirán en oito concertos pola xeografía galega.
A nosa coral, que dende a súa fundación é dirixida pola profesora Tatiana Pankrátrova, participará o vindeiro domingo 11 de novembro na cidade da Coruña, no Centro social Torrente Ballester (en Adormideras) ás 18:30 horas, compartindo cartel coas polifónicas Canticorum e A Gaiteira, ás dúas da capital herculina.
A nosa coral, que dende a súa fundación é dirixida pola profesora Tatiana Pankrátrova, participará o vindeiro domingo 11 de novembro na cidade da Coruña, no Centro social Torrente Ballester (en Adormideras) ás 18:30 horas, compartindo cartel coas polifónicas Canticorum e A Gaiteira, ás dúas da capital herculina.
Antes diso, o domingo 28 de outubro, participaremos nunha xuntanza de corais na vila mariñeira de Laxe (será ás 7 da tarde na Igrexa) convidados polo Orfeón Breogán.
sábado, octubre 06, 2007
O que din de nós
O pasado xoves Isidro Caamaño, director do Orfeón de Cee e da Coral Lusco e Fusco de Vimianzo, facía no xornal La voz de Galicia unhas breves reflexións sobre o canto coral na nosa bisbarra. Agradecidos quedamos os da Coral Xan Mella de Baio pola sinceridade coa que fala de nós. Poucos directores (e directoras) se mollan tanto.
Para acceder pincha aquí
A foto é da nosa primeira saída. Era o ano 2004 e cantamos o 12 de nadal en Carballo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)